Inicio  
Observatorio Galego de e-learning
  Novas  

Este proxecto pretende analizar o estado no que se encontra o e-learning nas tres Universidades galegas e nas empresas.

Para cada sector, dadas as súas peculiares características e idiosincrasia, elaboramos unhas metodoloxías e unhas ferramentas de investigación acordes ó tamaño e características da poboación así como ó tipo de información a obter.

A metodoloxía que utilizamos é mixta, é dicir, empregamos ferramentas da metodoloxía cuantitativa e instrumentos da metodoloxía cualitativa, que lonxe de resultar contradictorias, serviranos como elemento de triangulación e complentación da información.

Os instrumentos e ferramentas que vamos utilizar para cada segmento poboacional, acorde asdimensións e características propias, son os seguintes:

No caso da Universidade (e-learning académico):

  • Persoal docente e investigador: Elaboramos un cuestionario online, dirixido a analizar a utilización que fan das TIC na docencia o profesorado das tres universidades galegas. A mostra que vamos utilizar no estudio coindice coa poboación, é dicir, o cuestionario vai poder ser contestado por calquera docente do ensino superior en Galicia.

  • Órganos Directivos: Desenvolvemos protocolos de entrevistas para os distintos Rectores e Vicerrectores implicados en e-learning nas súas Universidades

  • Grupos de Investigación: Elaboramos protocolos de entrevistas para realizar a grupos de investigación en e-learning. Aqueles grupos de investigación que o desexen, pasarán a formar parte do directorio de investigadores sobre e-learning que vai ter o observatorio.

  • Centros de Investigación: Elaboramos protocolos de entrevistas para realizar a directores ou responsables dos centros de investigación que desenvolven e-learning.

  • Administradores dos campus virtuais: Desenvolvemos protocolos de entrevistas para pasar ós administradores dos campus virtuais galegos

  • Asesores pedagóxicos dos campus virtuais: Elaboramos protocolos de entrevistas para pasar ós asesores pedagóxicos dos campus virtuais das universidades galegas.

No caso da Empresa (e-learning corporativo):

Tendo en conta a actividade productiva, a nivel empresarial, establecemos a seguinte clasificación:

  • Empresas proveedoras: elaboramos un cuestionario online, que poderá ser cumplimentado por todas as empresas (galegas ou con sede en Galicia) que ofrecen e-learning. A información facilitada por estas empresas pasará a formar parte do directorio de e-learning corporativo do observatorio.

  • Empresas demandantes: Aquí fixemos unha doble distinción. Elaboramos dous cuestionarios, un para empresas que demanda e-learning e outro para aquelas que non o demandan. Este cuestionario vaise realizar mediante entrevista telefónica a empresas galegas ou con sede en Galicia e conten con 25 ou máis empregados.

Esta ampla gama de ferramentas metodolóxicas permitiranos contar coa información necesaria para analizar de forma exhaustiva e en profundidade o estado do e-learning en Galicia