Inicio  
Observatorio Galego de e-learning
  Novas  
 

O Observatorio galego de e-learning ten como obxectivo a monitorización e avaliación do uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación no ámbito da educación e a formación en Galicia, mediante a identificación, catalogación e análise das prácticas existentes, servicios dispoñibles, axentes públicos e privados que desenvolven un labor no campo da investigación e innovación na área de e-Learning en Galicia.

Asemade, o Observatorio pretende ser un espacio común e punto de encontro para o intercambio de información sobre experiencias innovadoras, acerca de metodoloxías de ensino-aprendizaxe con TIC, sobre tecnoloxías de última xeración, etc. entre profesionais, expertos e investigadores en e-learning en Galicia.