Inicio  
Observatorio Galego de e-learning
  Novas  

Para analizar o estado actual do e-learning en Galicia na Universidad e na Empresa, o Observatorio galego de e-learning, estableceu os seguintes obxcetivos xerais:

  • Analizar o estado do e-Learning no sector da educación e da formación en Galicia en entidades tanto públicas (universidades, centros de investigación e grupos de investigación) como privadas (empresas proveedoras e demandantes).
  • Proporcionar acceso público á información recollida e analizada a través da páxina Web do Observatorio Galego de E-Learning para poder ofrecer unha visión global do estado no que se encontra este sector na nosa comunidade.
  • Poñer a disposición do sector un directorio onde se facilite información actualizada de institucións e empresas que oferten servicios, tecnoloxía e contidos en e-learning en Galicia, para actuar como punto de referencia e vínculo de unión entre organismos académicos e empresariais.
  • Proporcionar as condicións e sinerxias necesarias para afrontar a creación da "Rede Galega de e-Learning", un espacio de encontro e de xeneración e intercambio de información , onde persoas interesadas neste campo, poidan contactar con outros profesionais do sector, de tal forma que compartan experiencias innovadoras, emprender accións conxuntas e formar un colectivo de referencia sobre e-learning na nosa comunidade.